Gustaríache despedir o ano cunha sesión de Zumba?

Comparte esta nota de prensa

Entón toma nota, porque o sábado 30 de decembro, de 12:00 a 13:00 horas, a Concellaría de Deportes organizou a actividade “ZumbAres” para darlle movemento e diversión ao peche do 2023.

A Praza da Constitución será o escenario dunha animada sesión de Zumba apta para todas as idades. En caso de condicións climáticas desfavorables, a actividade suspenderase.

Para participar en “ZumbAres” é necesario realizar unha inscrición previa, a cal pode levarse a cabo a través da páxina web municipal www.concellodeares.gal ou acudindo presencialmente á Alianza Aresana, ata as 12:00 horas do venres 29 de decembro.

Asegura a túa praza e da a benvida ao 2024 con deporte e moitas risas!

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/zb5gyqdHzwQtudqm7

Pódeche interesar