Ante a gran afluencia de atletas que se achegarán a Ares para sumarse á Milla Urbana 2025, a Concellaría de Deportes vén de facer algún cambios co foco posto en axilizar a celebración do evento e facilitar a súa materialización.

Mantendo as categorías, os novos horarios son os seguintes:

PREBIBERÓN

11:05

BIBERÓN

11:07

PREBENXAMÍN

11:10

SUB 10 Homes

11:20

SUB 10 Mulleres

11:25

SUB 12

11:30

SUB 14

11:40

SUB 16 E SUB 18

11:50

SUB 20 – 23 – SEN  Homes

12:00

SUB 20 – 23 – SEN – M1 Mulleres

12:10

M1 Homes

12:20

MÁSTER 2  Homes

12:30

MÁSTER 3 – M4 Homes

12:40

MÁSTER 2 – M3 – M4 Mulleres

12:50

Asimesmo, durante as xornadas do 7 e 8 de agosto, de 9:00 a 13:00 h., as persoas inscritas poderán acudir ata a Biblioteca Municipal de Ares para recoller os seus dorsais.