O Concello vén de informar do servizo de autobuses e a programación que se organizará durante o martes, 10 de xuño, no marco da celebración do tradicional Voto de Chanteiro.
10:30 horas: Saída de autobuses de Ares e Mugardos.
- Ruta de autobús dende Mugardos: inicio en San Xoán de Piñeiro e paso por O Seixo, Franza, A Pedreira e Mugardos.
- Ruta de autobús dende Ares: inicio en Pedregal e paso por Pezoas, Seselle, Porta do Sol, Lubre, Cervás e Chanteiro
12:00 horas: Celebración da Misa.
- Despois da misa actuará o Grupo de Gaitas Aresán e haberá reparto de empanada.