Tanto o transporte, a entrada ao parque acuático, como o servizo de monitores están incluídos no prezo, que variará segundo a idade dos participantes:
• Para os nados entre 2019 e 2023: o prezo é de 9 euros (sempre acompañados dun adulto).
• Para os nados entre 2012 e 2018: o prezo é de 13 euros (sempre acompañados dun adulto).
• Para os nados antes de 2011: o prezo é de 17 euros. No caso de mozos de entre 12 e 18 anos que non viaxan con adulto, deberán presentar unha autorización de saída.
Se estás interesado/a nesta proposta da Concellaría de Cultura, acude á biblioteca municipal para reservar a túa praza!