Hoxe finalizan as xornadas de iniciación ao remo que viviron os alumnos e alumnas de ESO do CPI As Mirandas

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Toda unha semana de implicación co deporte e co mar, incluíndo saídas pola ría, para entender unha parte central da identidade de Ares.

Durante estes 5 días, aprenderon as nocións básicas da técnica de remo en baxo fixo; coñeceron a ‘Tombo’, adestrador das tripulacións inferiores do Club de Remo de Ares e familiarizáronse cos bateis!

A iniciativa vén de realizarse dentro do programa “Ares e Valdoviño no mar”, impulsado polos dous concellos co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal e GALP Golfo Ártabro NORTE.

Pódeche interesar