Chegaron de alén mar, fixeron a súa parada en Ares no verán de 2024… e dende entón quedaron a vivir no municipio. O indiano e a indiana feitos pola veciña Conchi Escudero volverán estar connosco, mais desta volta necesitan algo de nós: un nome.
Como inicio das actividades inscritas no Ares Indiano 2025, a Concellaría de Cultura promove un concurso que convida á rapazada de ata 12 anos a propoñer os nomes que mellor lles poidan sentar a estes dous indianos. E necesítase toda a colaboración posible nesta tarefa!
Dende o vindeiro luns, 11, e ata o 14 de agosto, achégate ata a Biblioteca Municipal de Ares para deixar aoseu equipo técnico dinamizador a túa proposta de nome. Se finalmente é a escollida, haberá un agasallo como premio e por fin teremos a estes veciños cun novo trazo identitario que lles faga xustiza.