Inicio da Construción do Altillo na Nave de Embarcacións do Club de Remo de Ares

Comparte esta nota de prensa

A semana pasada iniciouse o proxecto de construción do altillo da nave de embarcacións do Club de Remo Ares. Esta intervención supón un paso fundamental na finalización da nova infraestrutura, destinada a cubrir as necesidades de almacenamento das embarcacións de banco fixo e facilitar os entrenamentos do equipo de remo de Ares.

O investimento para realizar estes traballos, que ascende a 36.178,71 euros, materialízase grazas a un convenio entre a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Ares. De acordo con este convenio, o organismo autonómico achegará un total de 28.942,97 euros para financiar a construción do altillo, mentres que o importe restante correrá a cargo do ente municipal.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de