O Concello informa de que mañá, xoves, 8 de maio, darán comezo os traballos de aglomerado no vial autonómico da Avenida de Mugardos, coa consecuente regularización e desvío de tráfico ata a finalización de toda a intervención.

Segundo a información recibida, o xoves, 8 de maio, as obras centraranse no primeiro tramo que abrangue dende a contorna do local Avenida ata o cruce co colexio do CPI As Mirandas, namentres que na xornada do venres, 9 de maio, focalizaranse no segundo tramo do mesmo cruce cara a rotonda onde se ubica o supermercado Familia.