O Concello informa de que este vindeiro luns, 2 de xuño, comezarán os traballos de aglomerado no vial da Avenida Gaspar Rodríguez, en Redes (AC-123), no marco das actuacións de asfaltado que está a executar a Xunta en 3 estradas autonómicas de Ares.
Consecuentemente, executaranse cortes de tráfico dende o cruce do núcleo de Redes, con desvío de vehículos e sinalización temporal ata a finalización destes traballos de aglomerado.
Prégase prestar atención ás indicacións na contorna.