Esta mesma tarde do 13 de maio abriu o prazo de inscrición na iniciativa promovida pola área de Deportes para empadroados/as. Pódese reservar unha das 34 prazas habilitadas a través do formulario telemático (https://forms.gle/uHN6jAdtgru74oZo9) que se atopa na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 90 euros e promoverase o sábado, 15, e domingo, 16 de xuño.
A partir do 15 de maio ás 18:00 h. habilitarase as inscricións para non empadroados/as.