O venres, 2 de febreiro, a unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores desprazarase á nosa contorna municipal. Atoparase na Praza da Igrexa do núcleo urbano, en horario de mañá, de 09.00 a 13.30 horas.

Será necesario solicitar cita previa contactando vía telefónica co 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com, no apartado correspondente.