Itinerario De Móvete pola Igualdade

Comparte esta nota de prensa

A Organización da marcha pedestre “Móvete pola Igualdade” vén de anunciar o percorrido do evento, uns 3,5 quilómetros que rodean o núcleo urbano de Ares, comezando e finalizando na Praza da Igrexa. A actividade arrancará o 12 de marzo sobre ás 11.30 horas, mais haberá previamente un quentamento grupal e unha lectura de manifesto a prol da igualdade e a participación da muller na sociedade.

O percorrido é eminentemente chan e poderá realizarse camiñando ou correndo, cunha duración aproximada de entre 15 a 30 minutos en función do ritmo que se escolla. Haberá agasallo conmemorativo para todas as persoas que o completen!

Se tes máis de 12 anos, podes inscribirte na seguinte ligazón

https://forms.gle/VDEqJugXyMMXi6iU6

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,