IV Edición do DegustARES 2025

Comparte este evento

Datas: 10 e 11 – 17 e 18 de maio 2025

Condicións de participación no DEGUSTARES 2025

O roteiro terá que estar selado por todos os establecementos participantes en DEGUSTARES 2025.

Completado o roteiro, terá que ser entregado nunhas das urnas dos locais participantes.

A data límite de entrega será o mércores 21 de Maio.

A ruta terá lugar os fins de semana do 10 e 11 de maio, e do 17 e 18 de maio de 2025, nos horarios que se especifican no cadrado de cada local no interior deste roteiro.

Tódolos pinchos cobraránse a 1 €


Premios ó público participante

Haberá sorteo de premios entre tódolos roteiros selados que cumpran coas normas anteditas.

En concreto sortearanse os seguintes premios:

  • 5 vales de 100 € cada un.

  • 1 vale de 100 € entre os participantes que estean presentes no sorteo.

  • 1 botella Magnum de Rioja Alavesa por xentileza de Bodegas Valdelana.

  • 1 botella Magnum de R.D. VALSOTILLO por xentileza de Bodegas Ismael Arroyo.


Premios ó pincho + popular

Como resultado das votacións dadas polo público participante, entregaranse premios aos 3 pinchos máis populares:

  • 🥇 1º Premio: Diploma + 600 €

  • 🥈 2º Premio: Diploma + 500 €

  • 🥉 3º Premio: Diploma + 400 €

Tamén:

  • 1 botella Magnum Rioja Alavesa Bodegas Valdelana por xentileza de Bodegas e Viños Ares.

  • 1 botella Magnum de Ribera do Duero VALSOTILLO – Bodegas Ismael Arroyo, por xentileza de Bodegas e Viños Ares.

O sorteo terá lugar o venres, 30 de maio, ás 19:00 h. na Alianza Aresana.
Os vales caducarán aos 5 meses e terán que ser canxeados nos establecementos adheridos ao MERCARES 2024-2025.

Pódeche interesar...

Actividades Municipais

ENVELLECENDO EN ARES 2025/2026

Actividades Curso 2025/2026 Comezo das inscricións: Obradoiro de memoria: Martes, 9 de setembro de 10:00 a 13:00 horas Obradoiro de lecto escritura: Mércores, 10 de

Actividades Municipais

Escolas deportivas e culturais 2025-2026

ENLACE FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/Y7BTFYSZGcWLwZLS8 INFORMACIÓN DE INSCRICIÓNS As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Escolas Deportivas e Culturais Municipais