IX Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares 2025

Comparte este evento

👉 Gústache a fotografía?
👉 Coñeces o teu pobo?
👉 Tes entre 8 e 18 anos?

Anímate a participar! Presenta a túa mellor foto e poderás:
✨ Formar parte do Calendario Municipal 2026
✨ Optar ao premio da túa categoría


📅 Prazo de participación

Do 7 ao 31 de outubro de 2025


📤 Envío das fotos

Só de xeito electrónico ao correo:
✉️ concursofotografia@concellodeares.com


🏆 Categorías

  • 8 a 12 anos

  • 13 a 18 anos


📑 Bases e formularios de inscrición

🔗 www.concellodeares.gal


ℹ️ Información e dúbidas

📍 OMIX (Edificio Alianza Aresana, Rúa María II, Ares)
📞 981 448 057


Organiza: Concello de Ares – Área de Cultura
Colabora: CPI As Mirandas


🎯 Obxectivo

O obxectivo deste concurso é convidar a xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo.

En concreto, invitamos a fotografar espazos, lugares, obxectos, festas, eventos e situacións da súa contorna que consideren parte da súa identidade.


👥 Quen pode participar?

Pode participar xente nova de 8 a 18 anos, empadroada en Ares ou que sexa alumnado do CPI As Mirandas.


🏆 Categorías

  • Categoría A: De 8 a 12 anos

  • Categoría B: De 13 a 18 anos


📅 Prazos e lugar de entrega

  • ⏰ O prazo de presentación será: Do 7 ao 31 de outubro de 2025 ás 20:00 h


📌 Como participar

Cada participante poderá enviar máximo 2 fotografías e deberá achegar os seguintes datos no correo electrónico:

  • Asunto:
    IX CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

  • Autor e obras:
    Formularios de solicitude de participación e de identificación das fotografías (cubertos, asinados e escaneados).
    👉 Pódense descargar en www.concellodeares.gal


📷 Características das fotografías

  • Todas as fotografías deben conter os datos mencionados anteriormente.

  • Só se admitirán en formato dixital (JPEG ou JPG).

  • Non está permitido editalas ou melloralas.

  • Resolución: entre 6 e 12 Megapíxeles.

  • Non poden conter imaxes violentas, degradantes nin ataques directos a persoas ou organizacións (calquera foto ofensiva será descalificada).

  • Non deben infrinxir dereitos de terceiros.

  • Deben ser orixinais, tomadas ao longo do 2025, non publicadas previamente nin presentadas noutros concursos.


🧑‍⚖️ Fallo do xurado

  • Avaliarase:
    ✅ Cumprimento das bases
    ✅ Creatividade
    ✅ Orixinalidade
    ✅ Representatividade do pobo

  • Seleccionaranse 6 fotografías (3 por categoría, salvo excepción motivada).

  • Cada participante só poderá ser finalista cunha fotografía.


🎁 Premios

📅 As fotografías gañadoras formarán parte do Calendario do Concello 2026, repartido por todo o municipio, identificando a autoría.

Categoría A (8-12 anos):
🥇 1º Premio → Cámara de fotos ou Tablet
🥈 2º Premio → Lote de libros
🥉 3º Premio → Lote de libros

Categoría B (13-18 anos):
🥇 1º Premio → Cámara de fotos ou Tablet
🥈 2º Premio → Lote de libros
🥉 3º Premio → Lote de libros


⚖️ Condicións xerais

  • As persoas participantes deberán enviar as súas fotos con toda a documentación requirida, en caso contrario non serán admitidas.

  • Co envío das fotos, as persoas participantes conceden de xeito gratuito o dereito de uso ao Concello de Ares, incluíndo publicar, distribuír, modificar, adaptar e amosar publicamente dito contido.

  • O Concello de Ares non se fai responsable de retrasos ou perdas no envío.

  • A participación implica a aceptación das bases.

  • Non poderán participar as persoas gañadoras dos primeiros premios da edición anterior.

DIPTICO en pdf

FORMULARIO en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Obradoiros Non remates coas mates!

Obradoiros divulgativos de cultura matemática para adultos 1. Unha viaxe ao infinito a través dos números Adéntrate nos tipos de números e na súa evolución,