Tes tempo ata o vindeiro venres, 15 de decembro, para unirte a esta causa. Simplemente achégate á biblioteca con alimentos non perecedoiros e, como agradecemento, recibirás un libro de segunda man.

Esta campaña ten un impacto directo no apoio a Cáritas de Ares, xa que todos os alimentos colleitados serán destinados a esta organización. Anímate a formar parte desta acción solidaria. Achégate á Alianza Aresana para sumar a túa colaboración!!