Durante o acto, desvelaranse os tres locais finalistas, aos que se lle fará entrega das correspondentes certificacións e premios (o primeiro premio –500 euros–, o segundo e o terceiro –400 e 200 respectivamente–).

Mais no acto deste venres, tamén se realizará o sorteo de 5 vales, valorados en 100 euros cada un, entre os participantes que cubriron debidamente a folla de valoracións do DegustAres! Ademais haberá un sexto vale coa mesma contía que se sorteará especificamente entre as persoas que acudan hoxe ao acto de sorteo e entrega de premios.

Non dubides en asistir e poderás ser un dos gañadores dos vales para investir no comercio aresán!