Este espectáculo, organizado por EUROPE DIRECT A Coruña, utiliza contacontos para achegar aos nenos de 6 a 12 anos, así como ao público en xeral, aos valores e funcionamento da Unión Europea dunha maneira sinxela e entretida.

A narración do libro “Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descobre Europa desde o espazo exterior” ofrecerá aos pequenos unha visión da Unión Europea, a súa orixe e a importancia da diversidade. Ademais, despois poderán converterse en protagonistas e participar na formación dos seus propios países e alianzas.