Levarase a cabo ás 19:00 horas na Alianza Aresana. O conferencista desta sesión será Camilo Prieto Rivas, un profesional con formación en CC. Actividade Física e Deporte, Fisioterapia, Osteopatía, Posturología, e especializacións en Readaptación Funcional Deportiva e Psiconeuroinmunología clínica.
Esta charla diríxese á poboación en xeral, incluíndo pais, nais, adolescentes, adestradores/as e persoas que traballan coa infancia e adolescencia.