Aqueles que desexen levar a cabo unha fogueira deberán comunicalo expresamente ao Concello mediante unha instancia no modelo oficial.

O período para presentar as comunicacións será ata o día 22 de xuño para a festividade de San Xoán, e do día 27 de xuño para a festividade de San Pedro.

O modelo de instancia-comunicación pódese obter no Rexistro municipal ou a través da Sede electrónica.