O Concello lembra que dende o pasado 8 de xullo ata o 30 de setembro estará activo o prazo para solicitar a axuda directa de 200 euros destinada a traballadores, autónomos e desempregados promovida polo Goberno de España.

Estes son os requisitos económicos establecidos para beneficiarse dela:

  • Contar cuns ingresos inferiores a 14.000 euros na anualidade de 2021.
  • Contar cun patrimonio inferior a 43.196,40 euros (descontando a vivienda habitual)

Para a tramitación, non se precisa aportar ningunha documentación en específico, só indicar o número de conta bancaria titularidade do solicitante para recibir o pago único e dispoñer de chave ou certificado electrónico -de cara a acceder á plataforma da Axencia Tributaria-.

O trámite efectúase na seguinte ligazón:
https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/procedimientoini/GC51.shtml