ANUNCIO DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE GARANTÍA XUVENIL “INICIA VII”: LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN E PRAZO PARA ALEGACIÓNS
Anuncio dos acordos adoptados polo tribunal cualificador na súa sesión do 20.09.2023.
Faise público que o tribunal cualificador designado mediante a resolución da Alcaldía número 945/2023, do 14.09.2023, para a selección do alumnado traballador do OEGX “Inicia VII”, na súa sesión do 20.09.2023, estableceu os seguintes requisitos en relación cos criterios de baremación establecidos nas bases reguladoras, que foran publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Fene en data 06.09.2023.
Estes criterios aplicados para a confección da lista provisional de admisión recóllense tal como figuran na acta da sesión:
« O tribunal leva a cabo a valoración dos méritos alegados polas persoas aspirantes consonte ao disposto na base sexta das bases reguladoras do proceso de selección, aplicando o baremo establecido no anexo I das ditas bases. Sinaladamente, en relación cos criterios recollidos no baremo, o tribunal establece os seguintes criterios interpretativos:
Criterio 1.- Ter planificado no seu Itinerario Profesional de Inserción (IPI) a súa participación nestes programas.
Este requisito considérase debidamente acreditado coa presentación da resolución ou certificado de inscrición no IPI e/ou no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil onde conste que ten planificada a participación neste tipo de programa formativo.
Criterio 2.- Persoas beneficiarias que non recibisen previamente atención polo sistema.
Este requisito considerase debidamente acreditado coa presentación dun certificado ou documento oficial equivalente onde conste que non ten recibido previamente atención polo sistema.
Criterio 3.- Idade.
Considérase a idade como número enteiro sen ter en conta os meses transcorridos desde que cumpriu os anos. De tal maneira que unha persoa con idade >20 deberá ter 21 anos para encaixar nese tramo de idade, >22 deberá ter 23 anos e >24 deberá ter 25 anos.
Criterio 4.- Discapacidade ≥ 33%.
Este requisito considerase debidamente acreditado coa presentación dun certificado ou documento oficial equivalente onde conste o grao de discapacidade recoñecida.
Criterio 5.- Experiencia laboral.
Este requisito considerase debidamente acreditado coa presentación do informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social, do que se extrae o dato do tempo total traballado, ou ben un certificado/informe negativo de inscrición.
Criterio 6.- Tempo desemprego.
Este requisito considérase debidamente acreditado coa presentación da inscrición de alta no Servizo Galego de Colocación ou documento oficial que xustifique a situación de desemprego na actualidade (por exemplo a renovación da demanda de emprego actualizada). Tómase o tempo transcorrido desde a última alta no Servizo Galego de Colocación, polo que non se teñen en conta os períodos anteriores de inscrición.
Criterio 7.- Nivel de cualificación profesional (máximo).
O título de FP de grao básico e o título de graduado en ESO considéranse incluídos na cualificación baixa, con 3 puntos.
En xeral, consonte ao disposto nas bases, quen non achegue ningún documento referido aos puntos anteriores para a súa baremación adxudicaránselle 0 puntos nese apartado.
Así mesmo, en aplicación do disposto na base 6, as persoas que non presentaron a documentación no prazo establecido téñense por decaídas no seu dereito a seguir participando no proceso de selección.»
Na mesma sesión, o tribunal adoptou os seguintes acordos:
PRIMEIRO. Propoñer á Alcaldía a corrección en listaxes sucesivas do segundo apelido dunha das persoas que figuraban na lista provisional de candidatas/os, “PAINCEIRAS ÁLVAREZ RAÚL” que debe ser “PAINCEIRAS VÁZQUEZ, RAÚL”.
SEGUNDO. Aprobar as seguintes puntuacións totais provisionais das persoas candidatas participantes no procedemento e que obterían praza no obradoiro:
CONCELLO DE FENE | |
APELIDOS E NOME | Total |
BERMUDEZ PEREIRA, JONATAN | 14 |
PAINCEIRAS VÁZQUEZ, RAÚL | 8 |
LEIRAS LÓPEZ, NOELIA | 7,5 |
VARELA PAINCEIRAS, NURIA MARÍA | 7 |
TENREIRO LÓPEZ, IRIA | 4,5 |
HERVÁS SANJURJO, ANDRÉS | 4,5 |
CONCELLO DE ARES | |
APELIDOS E NOME | Total |
FERNÁNDEZ HERNÁNDEZ, ÓSCAR | 14 |
MARTÍNEZ RODRÍGUEZ, JENNIFER | 9 |
MAYOBRE VARELA, MARTA | 6,5 |
CONCELLO DE MUGARDOS | |
APELIDOS E NOME | Total |
GIMÉNEZ FERNÁNDEZ, JOSÉ CARLOS | 13 |
IGLESIAS VARELA, BRAIS | 5,5 |
TERCEIRO. Outorgar un prazo de dous (2) días hábiles, contando desde o seguinte á publicación das listaxes no taboleiro de anuncios do Concello de Fene para presentar as reclamacións e emendas que estimen oportunas en relación coa baremación. O detalle das puntuacións parciais, que non se publicará en cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais e que foi recollido na acta da sesión do tribunal, estará a disposición das persoas interesadas na secretaría do tribunal durante o prazo de alegacións.
CUARTO. Declarar que quedan excluídas do proceso selectivo as seguintes persoas, por non ter presentado a documentación requirida no prazo establecido:
APELIDOS E NOME | CONCELLO |
ALLEGUE CARTELLE, ELENA | MUGARDOS |
CALONGE PEÑA, ALEJANDRO | MUGARDOS |
APELIDOS E NOME | CONCELLO |
CARVAJAL OSPINA, STEPHANNIE | ARES |
CASAL PARDO, IVÁN | FENE |
GIL RODRÍGUEZ, IRÍA | FENE |
IGLESIAS FREIRE, CRISTINA | FENE |
LOURIDO VEIGUELA, MARÍA | FENE |
MARTOS MARTÍNEZ, YOLANDA | MUGARDOS |
PIÑEIRO RIOBOO, ADA | FENE |
RODRÍGUEZ MARTÍNEZ JOSHUA | FENE |
RUÍZ DÍAZ PATIÑO, LIZ PAMELA | FENE |
TEIJEIRO ORTEGA, LORENA | FENE |
VÁZQUEZ DÍAZ, AIDA | ARES |
QUINTO. Propoñer que se solicite ao Servizo de Emprego Público de Galicia a realización dunha nova sondaxe para a oferta de emprego do proxecto de Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil “Inicia VII” (Id 12-2023-9935) co fin de cubrir as 5 prazas vacantes e, no seu caso, aprobar as listaxes de reserva. Á vista do número de solicitudes presentadas considérase axeitado estender o ámbito de selección aos concellos limítrofes e/ou a concellos da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, cuxas solicitudes unicamente poderán ser seleccionadas definitivamente de non ser suficientes as solicitudes aprobadas presentadas por persoas dos catro concellos asinantes do convenio.
SEXTO. Ordenar a publicación dos anteditos acordos e dos criterios establecidos polo tribunal no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello de Fene.
SÉTIMO: Habilitar á secretaria do tribunal para volver a convocar o tribunal cando cumpra.»
En Fene, asinado dixitalmente o 22 de setembro de 2023 pola secretaria do tribunal, M. Sandra Pouso Fustes.