RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Publicadas as BASES DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL LABORAL COMO OFICIAL DE 1ª DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA no Diario de Ferrol o 19/09/2023 e rematado o prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no proceso selectivo, esta Alcaldía, en uso das competencias conferidas pola lexislacion vixente
VEN EN RESOLVER:
Primeiro.- Aprobar a listaxa de admitidos e excluídos no PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL LABORAL COMO OFICIAL DE 1ª DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE
AUGA, quedando como a continuación se expresa
Admitidos:
APELIDOS | NOME | DNI |
GARCÍA DIESTE | JORGE TOMÁS | ****2259-* |
PERMUY BUSTABAD | DAVID | ****5621-* |
PIÑÓN GIRÁLDEZ | EDUARDO | ****8636-* |
Excluidos:
APELIDOS | NOME | DNI | CAUSA EXCLUSIÓN |
CARTELLE BAÑOBRE | ANDRÉS | ****5718-* | Presentación instancia fora de prazo |
Segundo.- Designar a Comisión Seleccionadora encargada do proceso selectivo para FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL LABORAL COMO OFICIAL DE 1ª DO SERVIZO MUNICIPAL DE ABASTECEMENTO DE AUGA, de conformidade coas bases aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o día 12 de setembro do 2023 a cal estará composta polos seguintes integrantes:
- Presidente: D. Carlos Rivera López (Persoal Laboral Concello de Ares)
- Secretario: D. José Ángel Carballo Feijóo (Secretario-Acctal do Concello de Ares)
- Vocais:
- Manuel Díaz González (Persoal Laboral Concello de Ares)
- José Manuel Mayobre Seijas (Funcionario do Concello de Ares)
- Dna Montserrat Rodríguez Sánchez (Funcionaria do Concello de Ares)
- Suplente: Dna María Concepción Dragó Porta (Funcionaria do Concello de Ares)
Terceiro.- Designar o vindeiro xoves 28 de setembro do 2023 ás 9:00 horas para a realización da primeira proba da fase de oposición, (proba práctica eliminatoria) na Nave almacén de servizos do Concello de Ares ubicada na rúa Matadoiro, s/n, Ares.
Así o acorda e dispón o Sr. Alcalde, en Ares, á data da sinatura electrónica da presente, do que eu Secretario-Acctal dou fe.