Luis Mera “Lucky” presenta o seu novo disco, Sereno y Aislado (El viaje del pirata), na Alianza Aresana

Comparte esta nota de prensa

O músico e compositor afincado en Ares Luis Mera, Lucky, achegarase o vindeiro sábado, 31 de maio, ás 20:00 horas ata o salón de actos da Alianza Aresana para compartir coa veciñanza un momento especial: a presentación do seu último álbum titulado Sereno y aislado (El viaje del pirata)”, no evento promovido pola Concellaría de Cultura.

Compoñen este álbum once temas nos que Lucky xoga mesturando o pop rock que o caracteriza con outros estilos como a bossa indie, ao mesmo tempo que narra un relato focalizado nas viaxes internas, o aillamento e a introspección. Sereno y aislado (El viaje del pirata) parte dunha forte carga emocional e autobiográfica con vivencias  dos últimos anos e mesmo facendo himnos en homenaxe a territorios, como Ares ou Villanueva de las Manzanas, relevantes para Luis Mera.

Con “Sereno y aislado (El viaje del pirata)” (L.P. 2025), Mera Lucky consolida unha traxectoria que comezou con La hora de triunfar (L.P. 2021), continuou con El estratega (E.P. 2022), e se reforzou co single oficial Pirata solitario (2025), peza que conecta directamente co espírito deste novo álbum.

No acto, haberá oportunidade de mercar o disco en formato físico, onde se inclúen as letras das once composicións xunto con fotografías das paisaxes que inspiraron a Lucky durante a súa viaxe emocional.

Entrada libre ata completar aforo.

Pódeche interesar