Luis Mera “Lucky” presentou o seu novo disco en Ares

Comparte esta nota de prensa

A Alianza Aresana acolleu este sábado pasado a presentación do último traballo de Luis Mera, Lucky, ante a veciñanza: Sereno y Aislado (El viaje del pirata). Nun acto íntimo e acompañado pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, o músico afincado no municipio compartiu co público as once cancións dun álbum profundamente emocional e autobiográfico, que recolle vivencias, reflexións e homenaxes a lugares clave na súa vida como Ares ou Villanueva de las Manzanas.

Lucky guiou á audiencia nunha viaxe musical que mestura pop rock, bossa indie e atmósferas cargadas de introspección, interpretando en directo catro temas de Sereno y Aislado.

O público puido mercar o disco físico, que inclúe letras e fotografías dos espazos que inspiraron esta travesía artística, mais tamén vital.

 

FOTOGRAFÍAS: Juan Martínez, de Xente de Ares.

Pódeche interesar