Luz, cámara e acción! Ares acolle unha nova gravación audiovisual para Prime Video

Comparte esta nota de prensa

A trasfega era constante no principio desta mañá na rampla grande de Ares: materiais de son e iluminación, carpa, cámaras, pértigas… a produtora VacaFilms, que xa estivera no municipio aresán responsabilizándose da gravación da serie Clanes, feita para Netflix, regresou hoxe co seu equipo para dirixir o proceso de gravación dun novo produto audiovisual.

Con todo, nesta ocasión será Amazon Prime Video a plataforma encargada de distribuír unha longametraxe da que aínda non desvelaron título, mais si xénero: un drama adolescente que terá parte da paisaxe de Ares como pano de fondo.

A rodaxe continuará tamén pola tarde, até aproximadamente as 18:00 h., e involucrou de igual maneira ao Club Náutico, onde se están a facer os procesos de maquillaxe e perruquería para o elenco actoral.

Ares, a súa paisaxe e natureza, son de película!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Conta atrás para o MercAres!

O vindeiro 1 de decembro principia a campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres. E nestes últimos días os negocios adheridos xa están