María Rivas visita Ares para dar a coñecer a nova convocatoria de Rural TIC

Comparte esta nota de prensa

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, desprazouse onte ata o Concello de Ares, para dar a coñecer e pór en valor a nova convocatoria de Rural TIC que pon en marcha o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana para impulsar a dixitalización social e económica nos concellos de menos de 10.000 habitantes.

A subdelegada tamén aproveitou a súa visita a Ares para repasar xunto ao alcalde os últimos investimentos do Goberno no municipio.

A subdelegada escolleu Ares por ser un dos concellos que pode solicitar formar parte deste programa, xa que cumpre con un dos requisitos escollidos como é o seu número de habitantes. A convocatoria pecha o 30 de setembro.

Graza a Rural TIC, as traballadoras e traballadores do Ministerio convértense durante un tempo en nómadas dixitais e, ademais de demostrar que o teletraballo é unha poderosa ferramenta de dinamización no mundo rural, póñense a disposición do concello para contribuír a mellorar as necesidades relacionadas coa tecnoloxía.

María Rivas lembrou que o ano pasado foron dous os concellos da provincia da Coruña que participaron nesta iniciativa (Porto do Son e Cerdido) mentres que o total de Galicia foron 11.

A subdelegada explicou que “grazas a este programa,voluntarias e voluntarias do Ineco trasládanse ata os municipios seleccionados para desenvolver tarefas de dixitalización enfocadas tanto aos veciños e veciñas como ás pequenas e medianas empresas ubicadas no concello”.

A subdelegada do Goberno animou aos concellos da provincia a integrarse neste programa e fixo fincapé en que  “para os municipios con menor poboación é unha magnífica oportunidade de acabar coa fenda dixital e propiciar a cohesión social”. Ademais María Rivas subliñou que Rural TIC é un programa do que se poden beneficiar tamén as pequenas e medianas empresas dos concellos “a través do asesoramento en novas tecnoloxías que lles proporcionan os axentes que se despracen ata o municipio”.

Esta iniciativa baséase en dous eixos fundamentais, por unha banda a dixitalización social e por outra a dixitalización económica.

No que respecta á dixitalización social, os e as axentes imparte  formación e apoio no uso das novas tecnoloxías aos veciños e veciñas, con especial atención á poboación maior. O persoal do Ineco desenvolve diferentes obradoiros presenciais, como é o manexo do servizo online para a realización de trámites administrativos: xestións de citas médicas ou banca electrónica.

Ademais tamén imparten formación para coñecer aspectos sobre a seguridade en internet ou a pegada dixital e ofrecen atención personalizada en función das necesidades específicas dos participantes.

O segundo eixo, a dixitalización económica, presta apoio e asesoramento ao tecido empresarial rural, ao través do posicionamento dixital, con apoio á creación de servizos online que poden mellorar a actividade das Pemes, como pode ser a apertura dunha páxina web ou o uso de perfís en redes sociais para o posicionamento no mundo dixital.

Investimentos no concello

A subdelegada do Goberno aproveitou a súa visita a Ares para repasar, xunto ao alcalde, Julio Iglesias, algúns dos investimentos levados a cabo nos últimos anos polo Goberno, entre eles o 1,5M de euros do Ministerio de Transición Ecolóxica , destinados a investimento na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público municipal, a instalación de paneis fotovoltaicos e a substitución de caldeiras de gasóleo por outras de biomasa.

María Rivas tamén lembrou o Plan de Sostibilidade Turística das Baterías de Ferrolterra polo que o Goberno concede  2 millóns de euros destinados á rehabilitación das baterías de Defensa de Ferrol, Valdoviño e Ares, así como o patrimonio cultural, costeiro e militar.

O programa UNICO-Banda Ancha, polo que se facilitará o acceso a 324 vivendas de Ares a través das dúas convocatorias xa adxudicadas foi outros das actuacións do Goberno que salientou María Rivas.

Por outra banda, nos últimos tres anos Ares recibíu 7.223 euros para actuacións no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,