A Deputación da Coruña, en colaboración coa Federación Galega de Comercio, vén de presentar a súa campaña MercaNaVila, unha iniciativa para impulsar o comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
O seu obxectivo: incentivar as compras de proximidade ofrecendo á cidadanía maior de idade descontos de ata 100 euros por persoa nos establecementos adheridos á campaña.
O 𝐩𝐫𝐚𝐳𝐨 para que os 𝐜𝐨𝐦𝐞𝐫𝐜𝐢𝐨𝐬 𝐬𝐞 𝐮𝐧𝐚𝐧 ao programa estará 𝐚𝐛𝐞𝐫𝐭𝐨 ata o 𝟐𝟎 𝐝𝐞 𝐨𝐮𝐭𝐮𝐛𝐫𝐨 na web mercanavila.gal, así que aproveita para formalizar a túa adhesión!
As persoas consumidoras poderán descargar os seus bonos igualmente a partir do 20 de outubro, beneficiándose de:
- 5 euros de desconto en compras de entre 20 e 29 €
- 10 euros de desconto en compras de entre 30 e 49 €
- 15 euros de desconto en compras iguais ou superiores a 50 €
O programa de MercaNaVila estará en vigor 𝐚𝐭𝐚 𝐨 𝟐𝟎 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 de 2025 ou ata esgotar o crédito dispoñible.
Información, adhesións e bonos na seguinte ligazón: www.mercanavila.gal
Non o dubides e apoia o comercio local de Ares!