CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES
1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025
BASES DE PARTICIPACIÓN
- OBXECTO
O obxecto destas bases, é a participación de todas aquelas persoas en calidade de clientes ou consumidores que desexan participar no pobo de Ares co fin de apoiar, ao comercio e á súa hostalería local.
2. PROCEDEMENTO
O Concello de Ares comprométese a:
a) Organizar e impulsar a campaña de apoio .
b) Proporcionar a publicidade necesaria para o desenvolvemento da campaña (carteis, rascas, difusión nas redes sociais, páxina web…).
c) Realizar o seguimento e resolver cantas cuestións xurdan.
O PREMIO REALIZÁSE DA SEGUINTE FORMA
Os locais darán aos seus clientes un vale-rasca por compras superiores a 10 euros.
Os clientes que resulten agraciados, estarán obrigados a gastar as cantidades premiadas en calquera dos establecementos adheridos do concello de Ares, ben sexa de hostalería como do pequeno comercio.
Vale para compras superiores, o agraciado pode poñer o resto do importe, e por inferiores quedará o crédito pendente.
Os vales premiados, serán entregados polos empresarios ou donos dos establecementos na entidade ABANCA de Ares, cuxa entidade lle ingresará en efectivo.- Os vales caducarán aos cinco meses. Data límite o 30/04/2025.
Para iso terá que presentar, o ticket de compra no establecemento onde vai ser canxeado o premio, nome e DNI do agraciado, xunto ao vale premiado.
Lembramos que para maior axilidade grampen os seus resgardos ao boleto premiado.
O premio de maior contía (500 euros), entregarase ao cliente agraciado no Concello de Ares, quen deberá achegar, o seu ticket correspondente. O vale de compra deste importe, poderá ser fraccionado a pedimento da persoa ganadora, por vales inferiores ata o seu importe total.
Todos os comercios adheridos, terán un adhesivo identificativo conforme participan no apoio á hostalería e ao comercio local.
NUMERO DE VALES PREMIADOS
100 VALES DE 5 EUROS
100 VALES DE 10 EUROS
50 VALES DE 20 EUROS
20 VALES DE 50 EUROS
10 VALES DE 100 EUROS
1 VALE DE 500 EUROS
Total 5.000 Euros en premios
Cada establecemento que se adhira a esta campaña e as persoas que participan nela, aceptan o contido destas bases polo mero feito de participación e adhesión.