O noso veciño Miguel, pertencente ao club de Ares Ártabros Team, colleitou nestes últimos meses sendos recoñecementos deportivos: acadou catro pódiums en dúas competicións de brazilian jiu-jitsu (BJJ) a nivel galego e europeo, levando o nome da vila por todo o territorio nacional.
Primeiro participou na Galicia CUP BJJ 2025 celebrada o 13 de setembro en O Burgo, Culleredo, e alí acadou as medallas de bronce e prata nas modalidades de gi (portando kimono durante a competición) e no-gi (sen kimono, o que aumenta a complexidade técnica da disciplina do jiu-jitsu).
E despois destas boas novas, os éxitos continuaron en Valencia no pasado mes de outubro, onde Miguel Carretero se alzou igualmente con dúas condecoracións de prata e bronce en gi e no-gi, mais desta volta no Campionato Europeo 2025.
Catro medallas que constatan o esforzo e traballo que vén de desenvolver no eido deportivo do jiu-jitsu e que o converten nun novo #orgulloaresán.
Parabéns polos teus éxitos, Miguel!!








