Se estás interesado en facer deporte ao aire libre, amais de bailar ao compás de ritmos alén do mar, bota unha ollada a esta información.
O Concello organiza durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de agosto sesións gratuítas de zumba e bailes latinos na Praza da Constitución de Ares, actividades sen límite de prazas e sempre cun monitor guiándoas.
- BAILES LATINOS: todos os MARTES de 20:30 h. a 21:30 horas.
- ZUMBA: todos os XOVES de 20:30 h. a 21:30 horas.
As inscricións son sempre por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade, ben presencialmente na Alianza Aresana, ben por vía telefónica no 981 448 057.