Rúa Santa Bárbara, 3
A estrutura deste predio reflicte aínda a arquitectura característica das fábricas e almacéns destinados á salazón, que chegaron a ocupar toda a beiramar da vila e dos que hoxe apenas restan algúns exemplos. Foi remodelada como taberna pola familia da Pedrafeita, a muller que a mercou, respeitando a estrutura tradicional e aproveitando o espazo hostaleiro para gardar a memoria da industria salgadeira en forma de auténtico museo. No seu interior é posíbel admirar os apeiros, ferramentas e vasillas empregadas polas mulleres no procesado da sardiña.
Como curiosidade destaca a estrutura superior, en probábel reminiscencia dos lucernarios típicos das casas indianas, e que servía para dar luz e ventilación ao espazo de traballo.
Pero para saber máis terás que escoitar a audioguía que podes atopar aquí:
Un de Santiago, unha de Mugardos, e un de Lugo, pasean por Ares. Que nos poderán contar eles que nós non saibamos?