Música e canto para lembrar ao noso veciño Gildo Illobre

Comparte esta nota de prensa

Na tarde de onte, a Igrexa de San Xosé acolleu a emotiva celebración da VIII Homenaxe Musical a Gildo Illobre, o veciño de Ares falecido en 2015 que tan fonda pegada deixou no municipio e na comarca.

A súa memoria protagonizou as actuacións da Rondalla Trovadores de Ares –da que foi acordeonista e director–, a Rondalla Mugardesa e a Rondalla de Mulleres de Santa Uxía de Mandiá, que cantaron e tocaron coma forma de recoñecemento á figura de Illobre.

Ao acto acudiron os familiares de Gildo, xunto coa representación institucional a través do alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edila de Benestar, Victoria Montenegro.

Un acto promovido polo Concello de Ares, coa colaboración de Bodegas y Vinos Ares e da Rede Cultural da Deputación da Coruña, que puxo unha vez máis en valor o legado musical e humano de quen tanto contribuíu á vida cultural de Ares.

 

 

Pódeche interesar