Noite de ánimas coa Asociación Cultural O Rueiro

Comparte esta nota de prensa

Lápidas, seres da noite, a Santa Compaña, esqueletos e bruxas… a Praza Alcalde José L. Lourido acolleu un sinfín de aparicións e moito movemento co Samaín que organizou, xunto co Concello, a nova Asociación Cultural O Rueiro.

Entre a diversión e o terror, celebráronse obradoiros de cabazas e zonchos e unha particular rueirada polo camiño escolar até o cemiterio para presentar os respectos aos defuntos. Entre sustos, a comitiva dos mortos voltou á praciña, gozaron do contacontos de ‘Un ollo de vidro’, adaptando o relato de Castelao para os máis pequenos e pequenas, e desfrutaron da música e da troula.

Unha xornada, a vivida o sábado pasado, para toda a familia e na que ninguén quedou sen que lle botasen algunha maldición enriba!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.