Este evento solidario levarase a cabo na contorna do paseo marítimo da localidade, a partir das 19:00 horas.

A Noite Branca Solidaria converteuse nun clásico na axenda do verán. Organizada pola asociación Ares Solidario, co apoio do Concello de Ares, ten como obxectivo principal recadar fondos para Cáritas de Ares.

A esencia do estilo ibicenco seguirá presente nesta edición, polo que se anima aos asistentes para acudir vestidos de branco. Haberá unha ampla variedade de actividades para gozar, desde actuacións musicais en vivo a cargo Jorge Latino, ata a animación do grupo Os Pimos. Ademais, haberá exhibicións de baile da man dos grupos “Bailes Latinos Ferrolterra” e “Ártabra Danzas do Mundo e Baile Retro”.

Pero iso non é todo, tamén haberá degustacións de repostería, canapés, mojitos e outras sorpresas. Ademais, habilitarase unha zona de photo call e haberá sorteo de agasallos.

Lembra que toda a recadación obtida durante a noite será destinada a fins benéficos, neste caso, a Cáritas de Ares. Por iso, tanto particulares como establecementos están convidados a colaborar de diversas formas: podes asistir coa túa vestimenta “ibicenca”, doar sobremesas ou aperitivos que se poñerán á venda no evento, ou mesmo contribuír con agasallos para ser sorteados.

Anímate e participa nesta iniciativa chea de solidariedade e diversión!