A Concellaría de Deportes vén de anunciar a oferta de prazas nalgunhas das actividades municipais que se están a promover na vila, postas a disposición da veciñanza que desexe sumarse a algunha das iniciativas.

A continuación detállase a dispoñibilidade de prazas:

  • PILATES CHANTEIRO (+ 16 anos): 2 prazas libres os luns e mércores de 17:15 a 18:15 horas no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro.
  • ACTIVIDADE MAIORES + 70 (luns): 4 prazas libres de 10:00 a 11:00 horas na sala de usos múltiples do pavillón polideportivo.
  • ACTIVIDADE MAIORES + 70 (venres): 1 praza libre de 11:00 a 12:00 horas na sala de usos múltiples do pavillón polideportivo.
  • XIMNASIA CAAMOUCO (+16 anos): 6 prazas libres os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas na Agurpación Instrutiva de Caamouco.
  • TONIFICACIÓN (+14 anos): 4 prazas libres os luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas na sala de usos múltiples no pavillón polideportivo.

E de igual maneira, debido á alta demanda da actividade de Tonificación, amplíase en dous grupos con sesións en horario de tarde, un os luns e mércores de 17:30 a 18:30 h e outro os martes e venres de 20:30 a 21:30 h.

Pódese ampliar información contactando vía e-mail con deportes@concellodeares.com.