Nova data para a proxección ao aire libre da película ‘Salta’!

Comparte esta nota de prensa

O ciclo de cine de verán da Concellaría de Cultura, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña, arrancará este domingo, 21 de xullo, ás 22:30 horas nas Escolas do Lago, despois de reprogramar a primeira sesión por mor da climatoloxía adversa.

A veciñanza poderá desfrutar dunha comedia familiar dirixida por Olga Osorio e coas actuacións de Tamar Novas, Marta Nieto ou Mario Santos. ‘Salta’ achegará boas doses de risas seguindo a historia de dous irmáns, Óscar e Teo, que deben afrontar a desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de gusano, incluíndo viaxes no tempo na súa particular procura.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares volve bailar pola solidariedade

O vindeiro domingo 18 de xaneiro, a partir das 17.30 h, o pavillón polideportivo do municipio acollerá unha actuación solidaria da man da Escola de