Nova edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición en Ares

Comparte esta nota de prensa

Onte a Alianza Aresana acolleu o acto de presentación desta iniciativa, debullando nel os detalles da VII edición que se promoverá no Mosteiro de Santa Catalina durante as xornadas do venres, 5 e sábado, 6 de xullo.

As inscricións, que se tramitan de xeito telemático, están xa abertas, habilitándose o mail afferrolterra@gmail.com e o teléfono 698 165 665 para calqueira dúbida que poida xurdir.

Alma Barrón, concelleira de Cultura, e o presidente e vocal da Asociación de Fotografía de Ferrolterra, Mikel Díaz e Marcos López, presentaron onte na Alianza Aresana o VII Congreso de Fotografía de Longa Exposición (LEA), un evento para os amantes da práctica fotográfica que recalará no Mosteiro de Santa Catalina, en horario de mañá e de tarde, o 5 e 6 de xullo.

O Congreso LEA achegará así unha ampla grella de sesións formativas e divulgativas sobre diferentes tipoloxías de fotografías, dende a diúrna de longa exposición ás vencelladas cos espectros de luz ou o arte do lightpainting, sempre da man de expertos que garanten a calidade dos contidos dos relatorios.

Soraya Sampedro, Drew Korme, Xandra Lunar, Hannu Huhtamo ou Juan Manuel García serán algúns dos ponentes que se achegarán até o Mosteiro de Santa Catalina no marco deste congreso que xa ten o seu proceso de inscrición aberto.

O prezo para participar na totalidade das actividades (incluído un día en Muras o 4 de xullo) é de 75 euros, incorporando as ceas, unha churrascada e a acampada. Para participar nun só día, o prezo consígnase en 40 euros. As inscricións son telemáticas, tramitadas pola Asociación de Fotografía de Ferrolterra como entidade organizadora, que pon a disposición das persoas interesadas o correo electrónico afferrolterra@gmail.com e o número de teléfono 698 165 665 para obter máis información.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.