Novo contacontos na Biblioteca Municipal de Ares

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro mércores, 10 de setembro, ás 19:00 horas, Fran Ameixeiras estará na Alianza Aresana para narrar ós pequenos e pequenas as historias que coñeceu a cadela Becki nas súas viaxes polo mundo adiante ; historias de colaboración e de solidaridade entre persoas para cantar e bailar cun obxectivo en mente: celebrar o respecto e a felicidade.
 
A entrada é totalmente de balde, sen necesidade de reserva previa, e para público familiar.
 
🤝 Actividade promovida polo Concello de Ares, no marco do programa de dinamización lectora ‘Ler conta moito’.

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,