Informámosvos que, a partir do luns 17 de marzo, a Biblioteca ampliará o seu horario de apertura para mellorar o servizo aos usuarios. A nova distribución será a seguinte:

  • Luns, martes, xoves e venres: de 9:00 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h
  • Mércores: de 9:30 a 13:00 h e de 16:30 a 19:30 h

Con este novo horario, destacando a reapertura os mércores, a Biblioteca busca ofrecer máis flexibilidade e facilitar o acceso aos seus servizos para todos os usuarios.

A Biblioteca segue aberta para fomentar a lectura, o estudo e a cultura na nosa vila. ¡Esperámosvos!