- Monitores, xogadores e representantes do Concello clausuraron o evento deportivo que recalou durante toda esta semana no campo municipal de Prados Vellos.
A concelleira Victoria Montenegro, en representación do Concello, acudiu esta mañá ao acto de clausura do Campus de Verán do Celta no Prados Vellos, despedindo á rapazada que se sumou ás xornadas lúdico-formativas e gozou do deporte durante os últimos días.
Foron cinco xornadas de entrenamentos baixo as metodoloxías do club olívico, empregando xogos que se combinasen coa mellora técnica e a adquisición de valores asociados á práctica deportiva en xeral, dende a superación ao traballo en equipo ou o compañeirismo.
Con longa tradición no municipio, este Campus de Verán supón unha ferramenta para interconectar ao Celta de Vigo coa localidade e o Numancia de Ares, nutrindo tanto aos xogadores como aos monitores-adestradores e tamén ás familias, tendo en conta que o Campus, sempre en horario de mañá, chega a actuar como espazo de conciliación.