O Campus do Celta pon punto final á súa actividade en Ares

Comparte esta nota de prensa

  • Monitores, xogadores e representantes do Concello clausuraron o evento deportivo que recalou durante toda esta semana no campo municipal de Prados Vellos.

 

A concelleira Victoria Montenegro, en representación do Concello, acudiu esta mañá ao acto de clausura do Campus de Verán do Celta no Prados Vellos, despedindo á rapazada que se sumou ás xornadas lúdico-formativas e gozou do deporte durante os últimos días.

Foron cinco xornadas de entrenamentos baixo as metodoloxías do club olívico, empregando xogos que se combinasen coa mellora técnica e a adquisición de valores asociados á práctica deportiva en xeral, dende a superación ao traballo en equipo ou o compañeirismo.

Con longa tradición no municipio, este Campus de Verán supón unha ferramenta para interconectar ao Celta de Vigo coa localidade e o Numancia de Ares, nutrindo tanto aos xogadores como aos monitores-adestradores e tamén ás familias, tendo en conta que o Campus, sempre en horario de mañá, chega a actuar como espazo de conciliación.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.