O Centro de Día de Ares festexou o Día do Libro cun encontro na Biblioteca Municipal

Comparte esta nota de prensa

As usuarias do Centro de Día achegáronse onte até a biblioteca municipal para celebrar co seu equipo bibliotecario o Día do Libro 2026!

Foi unha oportunidade para descubrir algunas lecturas, mais tamén para somerxerse nas actividades de dinamización que lles tiñan preparadas: xogos co refranero popular en galego e castelán, sopas de letras… e mesmo un toque doce coas rosas que se levaron á casa para conmemorar a efeméride literaria –unhas gominolas que se continuarán repartindo nas instalacións da Alianza Aresana ao longo do día de hoxe, 23 de abril.

E, ademais, o equipo bibliotecario tamén lles entregou un diploma a cada usuaria pola súa participación na xornada.

 Grazas pola visita!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Novas citas co remo en Ares

A vila somerxerase nesta vindeira fin de semana no mellor ambiente remeiro con novas citas deportivas tanto o sábado, 25 de abril, coma o domingo,