- As Escolas do Lago acollerán esta última sesión o 14 de agosto a partir das 22:00 horas.
O xoves, 14 de agosto, porase punto final á programación do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre do Concello, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. As Escolas do Lago contarán coa proxección de CampeoneX pola noite, a partir das 22:00 horas, para que a veciñanza poida divertirse cos protagonistas desta comedia.
A película, dirixida por Javier Fesser, é a continuación do filme Campeones, narrando o regreso do equipo ‘Los amigos’ tras unha dura descalificación. Mais desta volta haberá cambios: por erro dunha nova adestradora, o grupo participará nun campionato de atletismo en lugar de baloncesto, obrigando aos seus integrantes a reinventarse nun deporte descoñecido.
Espírito de superación, amizade e humor entrelazaranse nesta película que ten, sobre todo, unha ollada positiva arredor da importancia da superación persoal como verdadeira vitoria no día a día.
Evento cultural con entrada de balde.