O CIM de Ares e o CPI As Mirandas organizan obradoiros para abordar a violencia de xénero na contorna dixital

Comparte esta nota de prensa

Co galo da celebración do 8M, o Centro de Información á Muller do Concello e o Gabinete de Orientación do CPI As Mirandas programaron ao longo de todo o mes de marzo tres sesións de traballo na aula para abordar a violencia de xénero na contorna dixital e a construción de relación afectivas saudables.

Nestas últimas semanas, Rubén Villar Trenco, psicólogo pola USC e Axende de Igualdade de Oportunidades para a Muller homologado pola UNESCO, desprazouse até o centro educativo de Ares e afondou coa rapazada da ESO en contidos básicos para procurar a igualdade entre homes e mulleres.

Estas actividades, que se financian a través do Pacto de Estado e o propio Concello de Ares, rematarán o 21 de marzo coa última sesión planificada.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado