A segunda sesión do Ciclo de Cine de Verán municipal celebrouse o pasado xoves cunha boa acollida da veciñanza e, sobre todo, do público infantil. Nesta ocasión foi a quenda da película Momias (2023), unha divertida comedia de animación que levou ás familias até o Antigo Exipto.
O filme de animación, coa historia da princesa Nefer, o auriga Thut e un anel do Faraón que debera custodiarse mais desaparece de súpeto, fixo desfrutar ao público dunha noite de verán cargada de humor.
O Ciclo de Cine de Verán, unha das citas máis emblemáticas das noites estivais en Ares organizada polo Concello dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, terá a súa terceira e última sesión o vindeiro 14 de agosto. Non a perdas!