O club de lectura municipal adéntrase na obra de Carla Guelfenbein

Comparte esta nota de prensa

Ao peche da semana pasada reuníronse as integrantes do club de lectura do Concello na Biblioteca Municipal de Ares para compartir con calma as súas impresións arredor de ‘Contigo en la distancia’ (Alfaguara, 2015), da autora chilena Carla Guelfenbein.

Na sesión, afondaron nesta historia que se articula baixo o xénero do suspense, entrelazando amores e enigmas cunha escritura persoal, complexa mais transparente ao mesmo tempo. Guelfenbein gañou con ela o Premio Alfagura de Novela 2015 e debulla nas súas páxinas o grave accidente dunha escritora, Vera Sigall,  sobre a que se explora a súa vida dende as tres voces de tres xeracións diferentes.

Un labirinto de amor e mentira construido con gran eficacia narrativa.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares, escenario de deporte e convivencia

O pavillón municipal acolleu nestes últimos días varias xornadas de competición que reuniron a participantes tanto da comarca coma doutros puntos de Galicia para fomentar