O club de lectura municipal coordinado polo equipo da Biblioteca volveu reunirse na tarde do pasado venres, desta volta para falar sobre a obra “A bailarina de Auschwitz” de Edith Eger.

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Esta agrupación lectora púxose en marcha xusto antes da pandemia co obxectivo de fomentar a lectura e o intercambio de opinións entre os membros, e desde entón celebran reunións mensuais para comentar a obra seleccionada e compartir as súas impresións e reflexións.

A obra escollida para esta sesión é unha novela inspirada en feitos reais, que narra a historia dunha bailarina xudía que sobreviviu ao Holocausto. Unha obra que ofrece unha lectura emocionante e conmovedora e capaz de xerar un gran debate e reflexión entre os lectores.

Teremos que esperar para coñecer cal será o seguinte libro que comentará o grupo, pois aínda está pendente de desvelar!!

Pódeche interesar