O club de lectura municipal reúnese antes do seu parón de Nadal

Comparte esta nota de prensa

‘Castillos de fuego’ (Seix Barral, 2023), de Ignacio Martínez de Pisón, protagonizou a última sesión do club de lectura municipal celebrada o venres nas instalacións da Alianza Aresana, previo parón polas datas de Nadal e o período festivo.

Alí, entre cafés e doces, comentaron esta novela coral ambientada na Madrid da posguerra española, durante o período de 1939 a 1945, na que o lector é testemuña da evolución da cidade, das personaxes que a habitan e tamén da propia dictadura franquista: dende como se instala no poder tras a guerra civil ás fórmulas que logrou para permear toda a sociedade española.

Un xeito de ollar unha época convulsa dende a particular mirada de Pisón.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local