Lembra que tes dous itinerarios durante a mañá do sábado, 9 de marzo: un de 10 kms. e outro de 1km., confluíndo na Praza da Constitución de Ares para a lectura dun manifesto reivindicativo a prol dos dereitos das mulleres na sociedade actual.

A inscrición é totalmente de balde e podes formalizala na seguinte ligazón: https://forms.gle/UApvAyFVXbeyDF6s9. Non esquezas facelo, porque é importante a efectos de organización da iniciativa!