O Concello Abre Hoxe O Prazo De Inscrición para a quinta Ruta do SendAres 2023-2024

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Monfero de 17 quilómetros, incluíndo unha camiñada por unha das zonas con máis historia dentro das Fragas do Eume: o camiño dos Cerqueiros.

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas deste mércores 3 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 20 euros.

A área de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello. Así, este mércores 3 de xaneiro abrirase a inscrición telemática do quinto percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta ruta guiada, os sendeiristas percorrerán unha das zonas con máis historia nas Fragas do Eume, transitando polo camiño dos Cerqueiros ata chegar ao Mosteiro de Caaveiro. O traxecto iníciase nos piñeirais das áreas máis elevadas, descendendo logo cara ás fragas próximas ao encoro. Durante o percorrido, pásase polo miradoiro do monte Carbaoeira, desde onde se poden gozar de excelentes vistas do municipio das Pontes e do val do Xestoso.

Todo o itinerario desenvolverase durante a xornada do domingo, 21 de xaneiro, cunha distancia de 17 quilómetros e unha dificultade media-baixa. O prezo será de 20 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:00 horas e chegará ao núcleo da vila ás 16:00 h. no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade.

A Concellaría de Deportes asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 10:00 horas do 12 de xaneiro ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,